ANEDIA ten un interesante programa para estas festas:
Obradoiro de galletas (día 30 de decembro, ás 17:00, na Casa Azul), para nenos e nenas co seu pai ou nai, para que xuntos aprendamos a facer galletas e a calcular racións. Despois do obradoiro, como este ano, os nenos e nenas comeron moi ben, vai a vir o APALPADOR.
O día 31, ESTAREMOS NA SAN SILVESTRE, consigue a túa camiseta de ANEDIA, e axuda a facer posible que o PROTOCOLO DE ATENCIÓN A ESCOLARES CON DIABETE, sexa unha realidade no próximo curso académico.
QUE A DIABETE NON TE PARE.
Obradoiro de PERCUTERAPIA (dia 3, 17:00, na Casa Azul), este obradoiro organízase en dúas partes, na primeira participaran os pequenos sos e na segunda, o seu pai, nai, avó ou outro familiar entrará con eles, para aprender máis técnicas de percuterapia que despois poderán gozar en familia.
Desexámosvos a todos e todas felices festas.
Os obradoiros de galletas e percuterapia xa están completos, entre hoxe e mañá comunicaremos quenes son os admitidos. Os que non sexan admitidos quedan en reserva.
Seguide pendentes do noso blogue e facebook, porque dado o gan interese manifestado, é probable que repitamos estes obradoiros.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
A QUEN LLE AMARGA UN DOCE?
O pasado 5 de xaneiro, volvemos a contar coa presencia das súas maxestades os Rei Magos de Oriente, tódolos concellos organizaron recepcións...

-
Anedia na Rota de Sendeirismo polo río Tomeza Pontevedra
-
Maratón de SEVILLA 2015 Que a Diabete non te pare!!! Carrera: Maratón de Sevilla 2015 Lugar: Sevilla Provincia: Sevilla Hora de saída : ...
-
Como vén sendo habitual ANEDIA está preparando as actividades para conmemorar o Día Mundial da Diabete o 14 de Novembro con moito empeño par...
Ningún comentario:
Publicar un comentario