luns, 9 de xaneiro de 2017

A QUEN LLE AMARGA UN DOCE?

O pasado 5 de xaneiro, volvemos a contar coa presencia das súas maxestades os Rei Magos de Oriente, tódolos concellos organizaron recepcións e cabalgatas para tan extraordinarias visitas.


Os nenos e nenas, despois de agardar un ano a súa visita, enchen as rúas para ver pasar a Melchor, Gaspar, Baltasar e os seus séquitos.
Os monarcas, anticipan os agasallos coa súa presencia e lambetadas.
Ós menores con diabete tipo 1 e con celiaquía, os caramelos, danlles na fronte, TI NON PODES, (musitan os caramelos) é necesario, que nun día tan especial para eles, se lles lembre que non poden comer un caramelo? Realmente é tan complicado ofrecer caramelos sen glute e sen azucre?
Cústanos crer, que sexan razóns económicas as que xustifiquen, que de novo, moitos pequenos e pequenas con diabete ou con celiaquía, non puideran comer un caramelo, esa tarde.
 Por sorte, os organizadores das cabalgaltas empezan a cambiar e a ofrecer lambetadas sen glute e se azucre

Queremos mostrarvos dúas imaxes, que falan por si soas:


Grazas
OOOOOHHHH
















Como a nosa función é defender os dereitos destes menores, vamos a agradecer aos Concellos que son sensibles a estas realidades e a darlle un gran OOOOOHHH, aos que non o son.

😃 Grazas aos Concellos de: Vigo, Pobra do Caramiñal, Lugo, ...
😱 OOOOOHHHH aos Concellos de: Pontevedra, Bueu, Baiona, Poio, Santiago, O Carballiño, Allaríz, Ribeira, Vila de Cruces, Boiro, Porto do Son, Ourense,...

Axudanos a completar este listado, e informanos do que pasou no teu concello.

Desde ANEDIA empezamos o 2017 con forza, dispostas e dispostos a traballar para normalizar o día a día dos menores con diabete tipo I, esperamos que cada vez sexan menos as situacións de desigualdade. Os nosos desexos para este ano:
Educación diabetolóxica na sanidade pública.
Formación aos docentes, monitores e outros profesionais que día a día preparan aos nosos menores.
Caramelos sen glute e sen azucre nas cabalgatas do 2018

venres, 23 de decembro de 2016

Madalenas caseras, queres unha????



 Hoxe tocou mañá de repostería, porque a ninguén lle amarga un doce, e os nosos pequenos e pequenas non van ser menos.
Dende que convivimos coa diabete, houbo que cambiar moitas cousas na alimentación, reinventamos as receitas para que estos postres non leven tantísimo azucre (increíble a cantidade que comemos!).

Aos nenos gustanlle moito as madalenas, pero non nos convencen nada as que mercamos no supermercado, teñen moitisima graxa, por non falar da cantidade de hidratos de carbono que supón unha soa madalena.

Probamos varias receitas...e hoxe, por fin, temos unha que podemos compartir, é dunha mamá que nola pasou, para que todas e todas podamos degustar estas saborosas madalenas.

Tomade nota e xa nos contades cando as probedes!!!

  • 3 ovos (se son caseiros, mellor que mellor!)
  • medio vaso de aceite de xirasol ou oliva
  • ¼ vaso de leite ou un iogur natural
  • 150 gr de azucre
  • unha culler de stevia
  • 150 gr de fariña
  • 1 sobre de levadura
  • a raiadura dun limón

Primeiro batemos os ovos co aceite, e posteriormente incorporamos todo o demais e batemos ata conseguir unha mistura homoxénea.

Agora ven o reconto de racións:
  • ovos (libre)
  • aceite( libre)
  • leite ( 0.5 R) se e iogur, mirade a táboa
  • Azucre ( 15 R)
  • stevia (libre)
  • fariña (11 R) (a que eu sei é a da marca “hacendado”, na táboa pon 74 gr hc por cada 100 gr, comprobade nas táboas das vosas fariñas)
  • levadura (libre)
  • raiadura limón (libre)

Isto fai un total de 26,5 racións por toda a masa, así que puxen 30 cápsulas de madalenas para que cada unidade teña aproximadamente unha ración ou algo menos.
Metemos no forno, previamente quente, a unha temperatura de 160 graos durante 10-15 minutos.

E xa temos listas as nosas madalenas caseiras.
Se queredes un consello, poñedeas nun lugar onde queden cubertas, ou tapadas con algo, porque así aguantan varios días sen ningún problema.



Agora a disfrutalas! Mmmmmmm

Grazas PAULA

luns, 28 de novembro de 2016

NIGHTSCOUT, UNHA GRAN SOLUCIÓN AO ALCANCE DE TODOS

O pasado sábado, Susana Feans, voluntaria do proxecto Nighscout organizou un obradoiro para explicar como por a funcionar esta incrible aplicación.
Saber en calquer momento cal é a glicemia dos nosos fillos e fillas, saber como están de noite, sen ter que erguernos da cama, salvo que sexa necesario (por hipo ou hiperglicemia). Un soño feito realidade.

Un grupo de voluntarios, con coñecementos informáticos, desenvolveron o que non consideraron importantes as casas comerciais.
Algo que vai a facer das nosas vidas como coidadores dun menor con diabete, sexa moito máis sinxelo.

Facelo non é sinxelo, senon tes coñecementos de informática, pero todo está perfectamente explicado nas guías, que os voluntarios elaboran para que poidamos facelo.
Pasamos 3 horas, das cales dúas foron díante do ordenador, seguindo os pasos que Susana nos explicaba, moitos marchamos para casa sen ter rematado.
 Non o deixedes por imposible, finalmente é posible por a funcionar a aplicación.
Un móbil, un cable con conexión OTG, o facebook do grupo nightscout España, paciencia, seguir os pasos, fielmente, sen interpretacións, e incluso alguen tan inutil neste campo como eu, pode por a andar esta aplicación, que nos permite mellorar o control glicémico dos nosos fillos e fillas, deixándolles un pouco de espazo.



A minimed 640 co enlite, o dexcon, o free,... da igual o sistema de medición continua que empregues, este incrible grupo de voluntarios xa desenvolveu a solución. Acabouse o medo a que durma fora de casa, podes facer o seguemento igual que si estivese contigo.

 GRAZAS A SUSANA E A TODO O EQUIPO DE NIGHTSCOUT

martes, 8 de novembro de 2016

III MILLA SOLIDARIA "QUE A DIABETE NON TE PARE"

Xa está aquí, inscríbete para un día especial. Vinde a correr en familia, nenos, papás, mamás, avós,avoas etc...
Quilómetro Urbano, Milla "diferente", vencerán elas ou eles? 40 segundos será o márxe. Esperámosvos con moitas sorpresas e moita...PAIXÓN.
 #Queadiabetenontepare merece a pena e valo pasar xenial
r

mércores, 26 de outubro de 2016

CON MOCHILA A TODAS PARTES.

Empezanos o ano 2016 reinvindicando o dereito dos menores con diabete a acceder coas súas mochilas en diferentes espazos de uso colectivo.
ANEDIA e ASSEII, Asociación Sociosanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal, decidimos sumar forzas en prol dunha causa común.
Tanto os menores con diabete, como as persoas ostomizadas deben levar unha mochila co material necesario para atender as súas respectivas doenzas.

Así que, preparamolo todo, enchemos as mochilas, e ao longo do ano, fomos ao MUNCIT e o Aquario na Coruña, aos Canóns do Sil en Catamarán, ao Pazo de Tor, ao Museo do Ferrocaril, á Hipica Celta en Monforte de Lemos, A Vilanova dos Infantes, ao Mosteiro de Celanova, ao Castromao, en Catamarán pola Ría de Pontevedra, á Escola Naval Mílitar, ao Parque dos Sentidos en Marín e ao cine, de brincadeira ao Pontillón do Castro, a Gondomar, á Pontevedra, á Praza do Obradoiro.




Pasamolo en grande, e non atopamos atrancos, ata que chegou o día de ir ao cine
Por cortesía de Jorge Costas.

Neste estado quedaron os pequenos e pequenas aos que non se lles permitiú entrar nas salas de cine coas súas mochilas, xa que nelas tiñan o seu medidor de azucre en sangue, tiras reactivas, insulina, agullas, lancetas, pinchador, azucre e alimentos para afrontar posibles baixadas de azucre, ou a merende se é que necesitan porse insulina.

Hoxe podemos dicir que esa imaxe, xa non representa unha realidade, queremos dar as grazas a tódalas persoas, colectivos, entidades, medios de comunicación, que se fixeron eco da nosa problemática e nos apoiaron.

Grazas a todos os espazos de uso colectivo que dende o primeiro momento entenderon a necesidades de facer unha excepción nestes casos, grazas tamén aos que tivemos que explicarlles máis polo miúdo a necesidade dos menores con diabete e das persoas ostomizadas.

Mañá, ou pasado pode que atopemos outro atranco, outra porta pechada ás mochilas, seguro que entre todos volveremos a saltar ese chanzo, así que, polo momento quedamos contentos neste relanzo.

QUE A DIABETE NON TE PARE







martes, 12 de xullo de 2016

1º RETO: GONDOMAR - SANTIAGO - GONDOMAR

O Sábado 16 Daniel Fernández Cerzón e o seu pelotón, tentarán superar o 1º dos retos de

RETA3, MÓVETE POLA DIABETE


 
Podes colaborar a través do seguinte número de conta de La Caixa:
IBAN: ES56 2100 4080 1122 0012 1884
Os fondos recadados, adicaranse á formación de monitores deportivos e de tempo libre na atención a menores con diabete. 

RETO: En non máis de 14 horas, Daniel ten que percorrer os 229 qm, que forman o percorrido.

07:00 Saída Praza Ángel Urzaiz, Góndomar
09:40 Praza da Peregrina, Pontevedra, Recepción por parte do Concello, incorporación ao pelotón.
10:40 Caldas de Reis
11:25 Pontecesures
11:30 Padrón, incorporación ao pelotón.


12:15 Praza do Obradoiro, contacontos da man de Raquel Queizas.
Deporte e contos, contos e deporte, con Raquel, pasaremos un gran rato e saberemos máis de Dani e os seus retos.

12:45  Chegada á Praza do Obradoiro, recepción polo Concello.

13:45 Saída da Praza do Obradoiro, incorporación ao pelotón.
14:40 Padrón
14:50 Pontecesures
15:30 Caldas de Reis
16:40 Ponte do Burgo, Pontevedra
17:15 Arcade
17:30 Cesantes
17:40 Redondela
18:50 Samil, Vigo
19:25 Praia América, PO325, enfrente o Froiz, Nigrán, incorporación ao pelotón.
19:35 A Ramallosa


19:30  contacontos da man de Raquel Queizas. Praza Ángel Urzaiz, Góndomar

19:45 - 21:00 Chegada a Góndomar. Recepción por parte do Concello e da Deputació de Pontevedra

Podes unirte ao pelotón, en calquera dos puntos especificados, para máis información chama ao 629809086, pregunta por Ana.





sábado, 9 de xullo de 2016

RETA3, MÓVETE POLA DIABETE


Daniel Fernández Cerzón de 24 anos natural de Gondomar, propúxonos a ANEDIA a realización de 3 retos deportivos, co obxectivo de recadar fondos para a asociación, en canto nos contou a súa idea, quedamos atrapadas, polo seu entusiasmo e decisión e conmovidas pola súa determinación a hora de abordar estes retos deportivos.

1º RETO: 16 de xullo, 230 km en bici, cun desnivel de 2200 metros.
(horas de paso aproximadas, recoméndase estar antes)

2º RETO: Data por determinar, 24 horas en bici, percorrido polo valmiñor en estradas e vias públicas. (pendente de definir)

3º RETO: Data por determinar, 48 máximo, para ir de Gondomar a Santiago e volver correndo. (pendente de definir)

Obxectivos: recadar fondos para ANEDIA
Visibilizar as necesidades dos menores con Diabete.

Destino dos fondos: formación a monitores de tempo libre e deportivos na atención a menores con diabete.

RETA3, Móvete pola diabete, un proxecto individual deseñado por Daniel, converteuse nun proxecto colectivo, no que contamos co apoio de ASSEII, asociación sociosanitaria educativa inflamatoria intestinal e PEDALADAS, Asociación sen ánimo de lucro para a promoción da bicicleta e a defensa dos ciclistas e os seus intereses principalmente en Pontevedra e entorno.
Polo que na totalidade ou en gran parte do percorrido, Daniel irá acompañado das seguintes persoas:
Andrés Barreiro pai dun neno con diabete e el mesmo con diabete.
Victor Loira, ,
Aarón Mayo
Carlos Leiros, e
Manolo Torres

Número de conta para colaborar con RETA3, Móvete pola diabete e ANEDIA
IBAN: ES56 2100 4080 1122 0012 1884

Acompáñanos, nos puntos polos que pasará DANI e o seu pelotón, e se queres súbete a bici e percorre parte do traxecto con eles, só tes que porte unha camiseta azul e ter ganas de colaborar cos rapaces e rapazas con diabete. 
Os retos estarán cheos de sorpresas, non deixes de seguilos, no facebook, twitter, instagran, seguro que te sorprenderán. 
ANEDIA, aposta un estilo de vida saúdable, que inclúe a práctica habitual de exercicio físico e o consumo de produtos de orixe ecolóxico.
A comida que realizarán DANI e o seu pelotón, no Obradoiro e o abituallamiento durante o reto será todo de orixe ecolóxica.

Se queres que a túa empresa colabore nestes retos, ponte en contacto con nos a través do mail: anediagalicia@gmail.com

COLABORADORES: 





A QUEN LLE AMARGA UN DOCE?

O pasado 5 de xaneiro, volvemos a contar coa presencia das súas maxestades os Rei Magos de Oriente, tódolos concellos organizaron recepcións...